|
|
Festa
da Istoria (26 de Agosto de 2017) |
A
actual versión da Festa da Istoria é unha traslación
no tempo da celebrada nesta vila, ata o século XIX, e que
se encadraba nos festexos da Virxen do Portal, Patrona do Ribeiro. Dentro
dos obxetivos básicos da Festa da istoria, sobresaen a
recuperación de tradicións ancestrais e históricas,
que formaron a propia historia da vila de Ribadavia e da súa
bisbarra.
A istoria permite coñecer oficios que hoxe en día
están en decadencia ou xa se esqueceron, tales como ferreiros,
carpinteiros de armar, toneleiros, cesteiros, e un longo etcétera.
A organización da Festa é responsabilidade dun amplo
colectivo vecinal, que se renova cada ano, denominado Coordinadora
da Festa da istoria.
Está composta por vecinos que, uns a título individual
e outros coma representantes de diferentes organizacións
culturais do municipio, queren contribuir, asumindo |
|
|
|
|
almacéns propios onde
se ubican as diferentes posesións das que dispón.
Así o almacén de madeira contén todo o correspondente
os postos de artesáns, torneo mediaval, vallas, etc. O
de roupa, dispón de máis de mil traxes para aluguer
e vestimenta de convidados e membros que participan no evento.
E o almacén de estandartes e barro posúe máis
de cincocentos estandartes e pendóns que serven para engalanar
as rúas, o castelo, e lugares onde se fan outras actividades
coma a cea medival, a voda xudea, a música medieval, o
teatro ...
Máis información na web oficial da festa da istoria:
http://www.festadaistoria.com
|
|