|
|
"Vive
Ribadavia, Goza Ribadavia" |
A antiga Ribadavia, Floravia de Otero Pedrayo, é unha referencia
dentro da historia de Galicia e de España, xa que
os viños que saían desta
vila foron apreciados e comercializados en toda Europa durante
séculos.
Ribadavia foi referencia para escritores e monarcas. O seu conxunto
histórico, declarado Ben de Interese Cultural Nacional
é unha alfombra de pedra con fermosos edificios que evocan
un pasado glorioso, entre os que destacan unha chea de
igrexas románicas, góticas e barrocas,
os conventos de Santo Domingo e San Francisco coa ponte vella
que cruza o río Avia. |
|
Todo é artístico en Ribadavia, as súas porticadas
prazas abertas ó Avia, a súa fortaleza “feudo
dos Sarmientos” e as súas murallas que protexían
por igual a Cristiáns e Xudeos.
Suposto son de especial atractivo as súas festas e actividades
culturais, entre as de maior fama de Galicia están: A Feira
do Viño do Ribeiro, a Festa Istoria, ou |
a Mostra Internacional de Teatro; igualmente son importantes a
súa Semán Santa e as Festas na honra á Virxe
do Portal.
Despois
dun paseo recoméndase especialmente probar os viños
da Denominación de Orixe Ribeiro que, xunto coas famosas
roscas, amendoados e melindres fan as delicias dos máis
esixentes padais. E son de grande orixinalidade os doces hebreos
que se elaboran nesta vila.
Máis Información: Oficina de Turismo, Praza Maior,
teléfono: +34 988 471 275 ou en info@ribadavia.com
|
|
|
|
|
|