O Colleteiro e viticultor Antonio Cajide Gulín, procede
de una longa tradición
vitivinícola. Dende o ano 1999 decide adicarse de cheo
a este mundo ilusionante a apaisoante (os seus vinos, viñedos,
montando a súa actual Adega de Colleiteiro).
Nesta adega inténtase ter presente os sistemas de laboura
máis tradicionais e que aprendemos dos nosos antepasados,
pero sempre cos avances que na actualidade se desenrolan para
a enoloxía, mantendo así un vínculo entre
a Orixe, Tradición e calidade, pilares fundamentais na
laboura dos seus viños.
Comercializa 3 marcas:
Sameirás tinto. De capa alta, cor bermello
picota, con bágoa teñida e ribete violáceo.
Intenso, maduro e co moita
froita. Cálido.
Sameirás branco.: Claro e brillante,
con cor amarelo verdoso, con destellos dourados. Intenso, moi
expresivo, marcado carácter froital, notas de mel e frores
amarelas. Equilibrado.
Viña do Avó.: De cor amarelo
pálido, con reflexos verdosos. Presenta un perfil aromático
afroitado e lixeiramente floral. En boca é fresco e suave
de mediana intensidade con un paso fácil e agradable.