situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia
   

LI Feria do Viño do Ribeiro (2, 3 e 4 de maio de 2014)


A edición da XI Feira do Viño do Ribeiro, que este ano presentouse no Consistorio de Lugo, terá lugar os días 2, 3 e 4 de maio.

O alcalde da Vila do Ribeiro, Marcos Branco Jorge estivo escoltado polo alcalde lucense, López Orozco e polo Secretario do PSGa , Gómez Besteiro, e o Presidente da Deputación de Lugo, na presentación que se levou a cabo na capital se locen o día 21 de abril de 2014, tamén participaron no acto o Concelleiro de Cultura e o Presidente dowww.laregion.net Consello Regulador.

Miguel Angel Viso, informou que na feira participarán trinta productores e desagregou o programa, poñendo énfase en concreto na cata de viños, o obradoiro de gastronomía e o concurso de cociña, que cada ano ten máis éxito.
O alcalde Ribadaviense, afirmou que hoxe dicir Ribeiro é sinónimo de calidade, competitividade e futuro. Indicou que nesta ocasión a feira contará coa presenza de cociñeiros tan coñecidos como Diego López e Rafael Centeno.

.- Programa de actos 2014 (141 kbs)


Dende hai máis de 50 anos, celébrase en Ribadavia a "FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO", declarada de interés turístico nacional. Miles de persoas de toda Galicia e outras rexións españolas danse cita aquí para degustar os nosos apreciados e sabrosos caldos a finais de Abril principios de Maio. Na feira compróbase a evolución na elaboración e presentación de este "Gran producto do Ribeiro", que alcanza altas cotas, tanto a nivel nacional como internacional.
Os viños do Ribeiro, contan cunha sona e tradición  milenarias  e  constitúen unha parte
Foto J. Regal (El Faro de Vigo)
panoramica feira do viño do ribeiro
fundamental da historia e da cultura da comarca natural do mesmo nome, situada na zoa occidental da provincial de Ourense, na confluencia dos ríos Miño, Avia e Arnoia. Frescos, lixeiros e transparentes, con sorprendentes combinacións de exquisitos aromas florais e afroitados, os viños do Ribeiro posúen unha acusada personalidade que os fai completamente diferentes.
Os viños da comarca do Ribeiro, están acollidos a denominación de Orixe Ribeiro, garantindo o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, a súa calidade.

Este consello controla , regula  e  supervisa tódalas  fases de proceso productivo do caldo,esixindo un rigoroso examen na súa laboura.
Estos viños pódense acompañar calquer tipo de xantar, recomendando os brancos para os pescados e mariscos e os tintos para carnes lixeiras e cocidas.
Máis información en: Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.






















 

 

 

 

 

 

 

 

 
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín