|
|
Castelo
dos Condes Sarmiento de Ribadavia |
Data
a súa construcción da segunda metade do século
XV. Dícese que este castelo foi cedido xuntamente co señorío
por Enrique II, a D. Pedro Ruiz Sarmiento (linaxe noble galego)
conde que foi despois de Ribadavia (perdendo a vila a sua condición
de realenga, e decir de depender directamente da coroa, pasando
a ser señorío do conde).
Aínda conserva unha importante necropolise de pedra do
século IX-XII, aparte de enterramentos antropoides escavados
en roca viva do século IX, e un sepulcro do século
XII. Faltan as almenas, a famosa torre de homenaxe e calquer outro
signo de protección.
A porta principal consta dun arco semicircular e porta corredeira
na que estan os escudos dos Sarmiento e Fajardo. Foi abandoado
no século XVII cando os condes de Ribadavia fixan a sua
residencia no pazo que logo levará o seu nome (Pazo dos
condes) sito na praza maior, aínda que estaba
comunicado co castelo por |
|
|
|
|
Na
actualidade debido o seu estado ruinoso estanse acometendo obras
de restauración na súa totalidade. No interor construíuse
un auditorium, onde se celebra a famosa Mosta Internacional de
Teatro, no mes de Xullo. |
|