Viñas
Farnadas, é un viño branco que xunta tradición
e deseño. Recentemente foi premiado coas distincións
de Gallaecia 2006 no apartado de Ribeiros brancos.
A adega, propiedade dun avogado galego en Madrid, chamado Lorenzo
Rolando de Francisco, está deseñada polo mesmo
arquitecto que asinou a do deseñador Roberto Verino en
Monterrey, destaca como elemento máis singular un torreón
de pedra nunha superficie de 1.500 metros cadrados entre Beade
e Leiro.
Fixeron unha gran aposta polas grandes variedades autóctonas
-o 85% de Viña Farnadas é treixadura, xunto con
godello, torrontés e loureira- e uns escrupulosos métodos
de elaboración, para unir modernidade tecnolóxica
ó saber acumulado na zona durante séculos.
Dispón de 12 hectareas de cepa en espaldera, esta
colocación
das cepas, ten un claro obxectivo, o de asegurar unha maior
ventilación e o seu óptimo grao de maduración
para dar unha uva cun gran pequeno para dar un viño aromático,
fresco e complexo.