A
Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia celebrará
a súa XXXI edición entre os días 18 e o 25
de xullo apostando pola mestura de linguaxes artísticas
e pola dramaturxia contemporánea. O evento achegaralle
ao público galego o traballo de destacadas formacións
internacionais xunto coas últimas propostas de compañías
galegas.
En líneas xerais esta 31 edición serían a
hibridación de linguaxes, xéneros e disciplinas
artísticas e a escrita dramática actual. Tal consideración
é constatable nun programa que aposta
por creacións que renovan a gramática do espectáculo
escénico e que nos esixen estar en alerta como espectadores
ó se transgredir convencións ou ó enlazar
etiquetas a través a danza co cine e a pintura (A Veronal);
maquetas, vídeo-proxeccións, manipulación
de vídeo en tempo real e performers (Agrupación
Sr Serrano); circo con teatro de obxectos (A Güasa) ou incluso
espectáculos que se presentan como un dispositivo escenográfico,
un terrario dende o cal o espectador observa a vida duns artistas
(Vivarium, do francés Philippe Quesne). En canto á
autoría dramática contemporánea, hai que
destacar que tódolos espectáculos son de autores
actuais (Josep M. Ollou i Coromina, Cristian Ceresoli, Marius
von Mayenburg, Lorena Romanín, Manuel Cortés, etc.)
tanto nacionais como internacionais, o que resalta a prioridade
manifestada tamén coa convocatoria do 10º Premio Abrente
da MIT de "escribi-la escena do presente.
O director da MIT, Roberto Pascual, destacou que o risco ten que
ser un dos deberes principais da dirección artística
dun festival teatral, sen perder de vista a dimensión pública
e popular, pois o risco tamén se manifesta na vontade de
facilitar e favorece-lo acceso ó teatro a tódolos
públicos, sen barreiras elitistas nin perjuicios
sobre os gustos, ofrecendo tamén ó público
infantil propostas escénicas igualmente contemporáneas,
innovadoras e sorprendentes, como son as pezas "MOBIL"
da Güasa, "Palabras de Caramelo", de Títeres
María Parrato ou "Rudo", espectáculo circense
musical e de títeres na carpa ó aire libre de Manolo
Alcántara. Tamén destacou o director a coherencia
e o coidado nos detalles que rodean á exhibición
como un dos valores do festival, como son os foros de debate,
os cursos e tódalas actividades paralelas, xunto coas xuntas
dos profesionais na que tamén é a súa casa,
a MIT de Ribadavia.
A
venda de entradas para os espectáculos xa está operativa
na páxina web www.ataquilla.com
Teléfono de atención ao usuario e reserva de abonos
para o Castelo (ata o 10 de xullo): 988 470 043.
Toda a actualidade da mostra está a disposición
na web:
www.mitribadavia.com/actualidade
e no seu espazo en Facebook:http://www.facebook.com/pages/MIT-Mostra-Internacional-de-Teatro-Ribadavia/273998606856
Reserva de Entradas:
As entradas poden mercarse na oficina da MIT, situada na rúa
García Penedo, ao lado da praza Maior de Ribadavia. Os
tickets poden comprarse a través do servizo de venda de
localidades de A Taquilla.com, na páxina:, https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/12-teatro
ou no teléfono 902 504 500. Tamén se poderán
mercar entradas xusto antes dos espectáculos. Para as funcións
do Castelo, previstas para as 23.00h., a taquilla estará
aberta desde as 21 ás 22.30h.
Os prezos son os seguintes:
-
Espectáculos para público adulto: Xeral 7€,
reducida (persoas en situación de desemprego e estudantes)
5€.
-
Espectáculos con prezo especial (Inauguración: Siena,
de La Veronal): Xeral 10€, reducida (persoas en situación
de desemprego e estudantes) 8€
|