Estas festas son fundamentalmente locais. Unha das partes máis
representativas destas
festas é a procesión da Virxe do Portal (patrona
da vila de Ribadavia), que é acompañada por gran
cantidade de fieis e devotos e da Banda a Lira de Ribadavia.
Así mesmo, o día anterior confecciónase unha
gran alfombra con pétalos de flores, elaborada pola asociación
de "Mulleres Rurais".
Un amplo repertorio de actividades lúdicas para distintos
gustos e idades convida a gozar das Festas do Portal de Ribadavia,
que arrincan o vindeiro luns 7 de setembro co tradicional pasarúas
a cargo da Banda A Lira da capital do Ribeiro. Dende entón
e ata o sábado día 12, desenvolveranse unhas intensas
datas festivas.
A área recreativa da Veronza acollerá o día
festivo local, martes 8 a celebración da romaría
popular das festas do Portal. Os asistentes disporán de
servizo de comida a partir das 13:00 horas e na sobremesa, a charanga
Sorcha e os xogos populares animarán ós que se acheguen
ata a Veronza.
Ademais do tradicional anuncio do comezo das festas e do acompañamento
de actos relixiosos, os fogos artificiais iluminaràn a
noite de Ribadavia cunha gran tirada que se celebrará dende
a Alameda o martes día 8 ás 24 horas.
Estas festas tamén contarán co Certamén de
Bandas Populares como en anos anteriores, así como charangas
e grupos de música (Grupo de Álvaro Muras, AID,
o grupo ourensán Coanhadeira ou grupos de música
Folk como Guezos). Para culminar o sábado 12 de setembro
e como prato forte contarán coa presenza do grupo M-CLAN
as 23:00 h. na explanada do Instituto, polo módico prezo
de 5 €. Venda de entradas en Oficina de Turismo, establecementos
Hosteleros de Ribadavia e na web de CaixaNova www.servinova.es
|