Inicio  
 estadísticas ribadavia.net  
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia

 

 
Martes 21 de Xullo de 2015

19:00 e 21:30 Ruadavia: Xardíns da rúa San Lázaro.
Manolo Alcántara – Rudo – Catalunya
–Un espectáculo íntimo, precario e arriscado.

Creación e dirección Manolo Alcántara, Xavier Erra
Intérpretes Manolo Alcántara, Laia Rius (violín), Maria Bou (violoncelo)
Composición e dirección musical Clara Peya
Dirección técnica Luis Nevado
Escenografía Xavier Erra

Moitas persoas conviviron coa rudeza, o esforzo físico e os retos persoais levados ó absurdo. En Rudo un home crea torres e figuras con pesadas caixas de madeira. A fraxilidade das construcións sobre as que se emperiquita para facer precarios equilibrios é froito da vontade e da ilusión.

A música en directo (violín e violoncelo) fai de contrapeso lírico ó esforzo titánico do personaxe, que gruñe, súa e non decae no seu delirio.
O espectador atópase atrapado dentro dun espazo íntimo, nunha grada que asemella estar a punto de cair (como o protagonista cos seus equilibrios). Esta proximidade coa pista convida a comparti-los perigos e desexos da vida.
Manolo Alcántara é un artista intuitivo e autodidacta que traballa na busca dun circo persoal e singular. Dende o ano 2001 con Genuinos imperfectos crea, dirixe e interpreta as súas propias obras, Locomotivo en 2005 e Plecs en 2010.

_________________________________

20:00 Francelos (Fontiña Mariña).
A Panadaría – PAN! PAN! – Galiza – SputMIT. (Programa L – Apoio ás novas compañías).

Creación e interpretación: Areta Bolado.
Noelia Fernández Ailén Kendelman.
Idea orixinal / texto: Areta Bolado.Música orixinal: Ailén Kendelman.
Atrezzo: Isabel Mouzo.
Iluminación: Montse Piñeiro.
Fotografía: Pilar Abades.
Deseño gráfico: Noelia Fernández.

PAN!PAN! é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns americanos. Conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado.

En escena, tres actrices constrúen 8 personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!

 

 

23:00 – Auditorio do Castelo
La Merda – Italia

Frida Kahlo Production, Richard Jordan Productions Ltd e Produzioni Fuorivia. Dirección ejecutiva: Marta Ceresoli

Intérprete: Silvia Gallerano
Público recomendado: A partir de 16 anos
Tipo de espectáculo: Teatro
Duración: 60 minutos

«A Merda» foi colleitando de maneira imparable grandes premios internacionais, como os cobizados ScotsmanFringeFirst e o TheStageAward á mellor actriz, interpréta italiana Silvia Gallerano. O éxito da obra asíntase sobre dous grandes piares: os certeiros e airados textos de Cristian Ceresoli e a hipnotizante interpretación de ó seu «noiva, fea e nua» protagonista, como literalmente a describe a propia compañía. Nun descarnado monólogo, Gallerano descobre sobre as táboas os seus segredos máis terribles mentres loita de forma valente, decidida e obstinada por consegui-lo éxito nun lugar que ela mesma define como «a sociedade dos muslos e a liberdade».

_________________________________

1:00h – Patio interior da Oficina de Turismo.
– Foro MIT Ribadavia: coloquio coa compañía.

Aquisición de entradas:   https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/12-teatro
Ata ó día antes de cada espectáculo - www.ataquilla.com - Tel. 902 504 500

Feira do Viño venres domingo martes xoves sábado Festa da Istoria Festas do Portal



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín