Inicio  
 estadísticas ribadavia.net  
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia

 

 
Sábado 18 de xullo de 2015


20:00 h. Inauguración oficial da MIT 2015.
Entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” ao mérito nas artes escénicas. Alameda de Ribadavia.
_________________________________


20:30 Ruadavia: Praza Maior.Tutatis Osos del Pirineo – Catalunya.

_________________________________

21:00 Igrexa da Madalena.
Inauguración da exposición “Barriga Verde, de feira en feira”.
_________________________________

23:00 Auditorio do Castelo.
La Veronal – Siena – Catalunya

Compañía: LA VERONAL Dirección Marcos Morau Coreografía Marcos Morau en colaboración cos intérpretes. Texto e Dramaturxia Pablo Gisbert - Él Conde de Torrefiel e Roberto Fratini Asistente de dirección Tanya Beyeler Intérpretes Tanya Beyeler, Laia Duran, Cristina Goñi, Anna Hierro, Ariadna Montfort,...


Tipo de espectáculo: DANZA Duración: 70 MINUTOS Web: www.laveronal.com Resumo: Na sala dun museo hai unha muller sentada que observa un cadro. Preto da porta hai un home de pé observando a escena. Este é o punto de partida do novo proxecto da Veronal, que se despraza ata a cidade italiana de Siena para iniciar unha reflexión sobre a idea do corpo humano. Este representa e representou o pasar dos séculos, e as artes comprometéronse coa materia humana de tantas formas como creu conveniente ó mesmo tempo que os artistas aproveitáronse do corpo como contedor e proyector de significantes. A peza mergúllase nunha aproximación a historia das artes italianas, nun percorrido que se inicia no Renacemento, momento no que o ser humano retoma a consciencia de si mesmo, e chega ata o mundo contemporáneo. Siena pérdese neste camiño para nos levar a un espazo atemporal e estraño nun xogo de écfrase, a representación verbal dunha representación visual real ou ficticia.

 


 

1:00 Club Artístico
Chévere – As fillas bravas.

Escrita: Manuel Cortés Dramaturgia e dirección: Xron Intérpretes: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar Adiestramiento musical: Inés A porte Indumentaria-caracterización: Fanny Bello.
Público recomendado: a partir de 12 anos Tipo de espectáculo: musical de adultos.

Duración: 50 minutos
Web: www.redenasa.tv
Resumo: As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que o que queren como antes fixeron os súas nais e as nais dos seus nais, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé de toxo, orgullosas de vir de detrás da silva, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos. Con esta peza Chévere segue explorando as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero, dando continuidade a traballos que cuestionaron a rixidez dos xéneros (Testosterona), que reivindicaron as voces silenciadas dunha forza de traballo feminina que segue levantando imperios económicos na era da globalización (Citizen), que promoveron unha lectura crítica dos valores machistas que transmiten as cancións románticas (I'll be watching you).

Aquisición de entradas: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/12-teatro
Ata ó día antes de cada espectáculo - www.ataquilla.com - Tel. 902 504 500

Feira do Viño venres domingo martes xoves sábado Festa da Istoria Festas do Portal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín