Inicio  
 estadísticas ribadavia.net  
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia


 
Xoves 23 de Xullo de 2015

20:00 Casa da Cultura.
La Güasa – MOBIL – Andalucía.

Un espectáculo de circo-teatro íntimo e sen texto, onde o actor-malabarista desenvolvementa a especialidadr das pelotas de bote, viaxando a través do clown e interactuando cunha escenografía viva e activa. Isto é 'Móbil', a orixinal proposta que presenta a compañía A Güasa Circo Teatro, pensada para sorprender a tódolos públicos.

Interpretado por Xosé Luis Ruiz e dirixida por Pepa Gil, este espectáculo, segundo a compañía, é unha visión imaxinativa de como consegui-las cousas. A expresión dun desexo de experimentar, entreter polo camiño, gozar xogando e, en definitiva, unha evasión a un mundo onde se perde e segue sendo a mellor maneira de se atopar. Mestura de fraxilidade, desequilibrio e tensión, 'Móbil' é a história dun home sinxelo e unha máquina complexa.



 

23:00 Auditorio do Castelo.
Sr. Serrano – A house in Asia – Catalunya

Nome compañía: Agrupación Señor Serrano
Autoría e dirección: Agrupación Señor Serrano
Intérpretes: Àlex Serrano, Pau Palacios, Alberto Barberá

A casa onde se oculta Gerónimo en Pakistán. Unha copia exacta desa casa nunha base militar en Carolina do Norte. Outra copia desa mesma casa en Jordania, onde se roda unha película. A operación de búsqueda e captura máis grande da historia. Un Sheriff obsesionado cunha balea branca. Os rapaces de TakeThat preparàndose para unha misión histórica. Indios e vaqueiros. Avións e cervexas. Copias, reflexos, imitacións e hamburguesas.

A través da súa linguaxe marca rexistrada (maquetas, video-proxeccións, manipulación de vídeo en tempo real e voluntariosos performers), a Agrupación Señor Serrano presenta un western escénico onde a realidad e as súas copias mestúranse, debuxando un retrato despiadadamente pop da década que seguiu ó 11-S, a semente do século XXI. Pasen e vexan.


Aquisición de entradas: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/12-teatro
Ata ó día antes de cada espectáculo - www.ataquilla.com - Tel. 902 504 500





 

 

 

 

 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín
Feira do Viño venres domingo martes xoves sábado Festa da Istoria Festas do Portal