Sobre
unha superficie de 3500 m2 esta adega atópase na Den
ominación
de Orixe Ribeiro, garantía dun viño de excelente
calidade que combina a tradición dunha zona vitivinícola
histórica cos máis modernos métodos de
elaboración.
Con predominio de uva treixadura, nesta adega están presentes
tamén o resto de variedades típicas da zona como
mencía, torrontés ou godello. Terra do Castelo
ten capacidade para producir dous millóns de litros de
viño, elaborado con mimo e profesionalidade.Viños
que comercializa:
Terra do Castelo. SELECCIÓN.
Das mellores vides dos nosos viñedos, despois dun riguroso
seguimento e estrito control da produción, a uva obtida
é sometida a maceración en frío, e só
a partir do mosto de flor resultante, condúcese a fermentación
a temperatura moi baixa para obter un viño de maior expresividade,
ó que se confire unha personalidade inconfundible tras
crialo sobre as súas leas finas.
Terra do Castelo. TREIXADURA.
Froito da selección das nosas mellores uvas da variedade
treixadura, nace este viño de forte personalidade varietal,
equilibrado, corpóreo e longo.
Terra do Castelo. GODELLO.
Muy expresivo en nariz, éste viño conta cun aroma
excelente pronunciado. Lembrando esencias florais,
herba fresca e anís silvestre, con rasgos cítricos
como pomelo ou limón, que perduran no tempo.
Terra do Castelo. MENCÍA.
Froito da esmerada selección e aplicando as téc
nicas
máis modernas de elaboración nace este viño
de espírito ledo e amable.
Terra
do Castelo. SENSACION
BLANCO.
Equilibrado, fresco. Este viño resulta dunha
magnífica combinación de diferentes variedades
seleccionadas dos mellores viñedos situados na zona de
Terras do Avia. De intenso aroma, fino e elegante.
Terra do Castelo.
SENSACION
TINTO.
De aspecto elegante, este viño presenta unha bonita cor
bermella picota con intensos reflexos violáceos. En nariz
resulta moi expresivo con lembranzas a froitas bermellas, fresa
e frambuesa.