Esta
adega, propiedade do colleiteiro Rafael Gómez Domínguez
foise adaptando ás novas tecnoloxías, incorporando
elementos que axudaron á súa modernización,
baseándose fundamentalmente
nunha
aposta pola calidade e a personalidade.
As súas uvas, procedentes dos seus propios viñedos
son coidadosamente seleccionadas e transportadas á adega
o máis rápido posible para que cheguen nas condicións
óptimas. A fermentación realízase en depósitos
de aceiro inoxidable e contrólase a través dun
equipo de frío.
Viños
que comercializa:
Castro Rei Blanco:
Elaborado
coas variedades propias da zona (treixadura, lado,
palomino, loureira e torrontés), cultivadas en espaldera,
nun chan limo-arxiloso. Especialmente recomendado para consumir
con pescados e mariscos. Grao alcohólico 11º. Recoméndase
servir preferentemente a 9º.
Castro
Rei Tinto:
Elaborado coas variedades propias da zona (garnacha, brancellao,
caiño e sousón), cultivadas en espaldera nun chan
limo-arxiloso. Especialmente recomendado para consumir con carnes
e caza. Grao alcohólico 10,5º. Recoméndase
servir preferentemente a 12º.
Os últimos Premios con Divino Rei son:
Ano 2008 Primer Premio Blancos Cata Oficial
Ano 2009 Mención de Honra Cata Popular
Ano 2010 2º Premio Blancos Cata Oficial, 3º Premio
en tintos Cata Oficial e Gañador da Cata Popular.