Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia

 

 
 
Bodegas Barbantiño  

Empresa fundada en 1960, co fin de cultivar, elaborar e comercializar, un dos viños máis prestixiosos do ribeiro. Unha tradición vitivinícola en armonía coa paisaxe que rodea a estas terras, ricas en tradicións, costumes e sabores.
A terra, as variedades de uva de primeira calidade (autòctonas) e a tecnología máis avanzada, fan que os seus viños entren na élite dos ribeiros de estirpe.
Entre outros premios recentres obtidos por esta adega podemos salientar:
Na Feira do Viño do Ribeiro ano 2005:
2º premio en blancos con “Amencer”, 2º premio en tintos con “Bantiño Único” e Mención de honra en tintos para “Bantiño Único”
Nos premios Baco ano 2004, 6 premio con “Bantiño Único”

As súas marcas máis importantes son:
“Amencer”:de tonos cristalinos, rico en perlas de nácar. Elaborado coas uvas máis selectas dos seus viñedos como son a treixadura, godello, albariño e loureira.
“Real Bantiño”: Elaborado con variedades autóctonas como a treixadura, torrontés, loureira e lado. Configuran e dan vida a este viño con perfumes afrutados e florais, que consiguen satisfacer ós máis esmerados paladares.
“Bantiño Único”: Mencía, brencellao, sousón e caiño determinan un perfil varietal autóctono e con orixe Ribeiro. Presenta un color bermello púrpura con ribetes violáceos limpo, transparente e brillante.

 
 
Localización  
Ctra. Nacional 120, km. 554 - Barbantes - Punxín - Ourense
 
Contacto  
+ 34 988 280 352 - Fax +34 988 280 480
     
Máis información   web oficial en:www.bodegasbarbantino.com

 




 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín