Empresa
avalada por máis de 35 anos de experiencia no sector
da construcción, formada por un gran equipo de profesionais.
Ubicada na localidade de Francelos, ofrece a todo o ribeiro
uns acabados e unha calidade xa recoñecidas, nas que
se asenta un sólido e progresivo crecemento. Caracterízase
por unha gran capacidade de traballo, e satisfacción
dos seus clientes, o que lles permitiu adquirir unha gran consolidación
e prestixio como empresa na zona.
A
súa finalidade é a construcción e a rehabilitación
de obra civil, na comarca. Entre os seus servicios de rehabilitación,
podemos destacar a restauración e pintura de fachadas,
Impermeabilización, humedades en vivendas, …etc.
A estratexia de esta empresa é a de entregar ó
cliente un producto de calidade, cuidando sempre os detalles,
para que os resultados sexan o máis fieis ós compromisos
adquiridos, axustando os custes e cumprindo os prazos establecidos.