Situado
ó lado do Ambulatorio de Ribadavia, neste Herbolario,
atoparás tódolos produtos para reduci-lo colesterol,
nervios, mala
circulación, diabetes, problemas bronquiáis, etc.
O Salón de Beleza pon ó teu alcance un médico
dietista naturista unha vez por semán, que te axudará
en tódolos procesos de adelgazamento, abandono do hábito
do tabaco e un longo etc.
Poderás descubri-lo coñecido Soro Adelgazante
de nova xeración, ou os tratamentos para lle dar maior
vitalidade a túa pel, elaborados polos laboratorios SOTHYS.
Tamén poderás gozar da tecnoloxía LUMICELL
TOUCH, o tratamento epidérmico, dérmico e hipodérmico
completo contra a celulitis, combinando a tecnoloxía
baseada na luz coa técnica de vacuomasaxe. Dispón
de produtos MARIA GALLAND.
Nas súass agradables instalacións aplicarante
a técnica de Termoliposis, tratamentos de Ionización,
body system, electroestimulación, presoterapia, saco
de sudoración, etc. Estética facial (limpeza de
cutis, drenaxe linfático, etc) Estética corporal
( lodos, algas, etc) e depilaciones (cera quente, depilación
eléctrica, etc) son outros dos seus tratamentos aparte
de masaxes, reafirmantes, redutores, relaxantes, etc.
Ofréceche un solarium de corpo enteiro con gran área
de broceado e a depilación con láser de Diodo
Lightsheer.