En Outeiro Cruz, no concello de Arnoia, Camilo Pérez
Martínez mantén a tradición vitivinícola
de seu pai que se dedicou durante toda
a súa vida a elaborar o viño.
Como consecuencia de esta experiencia, máis os coñecementos
adquiridos, Pérez Martínez elabora brancos e tintos
de moi boa calidade, que vende logo baixo a marca comercial
“Rural do Bacelo”.
Dispón dun viñedo de 1,5 hectáreas, nas
que traballa coas variedades treixadura, torrontés e
algo de
xerez, obtendo unha producción anual de 30.000 botellas,
das cales o 75% son de viño Branco e o restante 25% de
tinto.
O mercado de distribución de estos caldos está
destinado especialmente a provincia de Pontevedra, e sobre todo
a Vigo e O Porriño, onde sirve a ”Pazo de Goyanes”,
“Os Magnolios” e a “La Casa Reina de Mos”,
entre outros famosos restaurantes.