Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia


 
Actividades Xuño 2007

Festa Flower Power, 2 de xuño de 2007

Cartel Fiesta Flower PowerO día 2 de xuño e en colaboura cos establecementos: Restaurante Puchero, La huella del gato, Rebus Bar, O Morto, Wendal, Dende Monxas, Fíxose d’noite, Berlín, El bajo, Aljama, Aquelarre, Sefirot y Pub La Lola, levarase a cabo a Festa Flower Power, Revive o espíritu que levas dentro dos años 70.
Disfrázate como nos 70. ¡Participa! E disfruta dunha gran noite inesquecible e sobre todo diferente.

Exposición "Foto Chao" dende o 25 de abril ao 30 de xuño de 2007

A Consellería de Cultura e Deporte fixo a adquisición por 180.000 € do arquivo "Foto Chao", que será incorporado á sección de fotografía etnográfica do Museo Etnolóxico de Ribadavia. Este arquivo está constituído por 365.679 imaxes que abranguen a produción dunha saga de fotógrafos que traballaron en Ribadavia durante todo o século XX.
Trátase de cen anos de fotografías de Ribadavia e da comarca do Ribeiro no seu conxunto, recollida polas cámaras dos herdeiros de Serafín Rodríguez.
O arquivo inclúe varias temáticas: unha ampla serie referente ao álbume familiar (retratos, fotos de bautizos, primeiras comuñóns, casamentos e mesmo defuntos); outra á vida social de Ribadavia; outra adicada a acontecementos políticos ou sociais; actividades relixiosas; fotos feitas para enviar á emigración (sobre todo en Avión); retratos de grupos de amigos en actividades lúdicas; imaxes do interior de oficinas ou comercios; fotos de industrias madeireiras; e outras relativas a obras públicas, como pode ser a construción do encoro de Castrelo de Miño. Ademais do fondo estrictamente fotográfico, na colección adquirida inclúese tamén un valioso conxunto de materiais e cámaras fotográficas.

 

 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín