Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia


 
Exposición Fotográfica "Álbuns para o reencontro"

Dende o 3 ao 30 de agosto no museo etnolóxico de Ribadavia.
Froito do traballo conxunto da asociación de amigos e do equipo do museo etnolóxico, Museo etnolóxico de Ribadaviapreséntase unha selección de fotografías que se agrupan nun álbun familiar, expresión material da memoria da familia, suliñándose o teatro.
Xénero este que xunta ao seu interese antropológico, a súa íntima relación coa evolución do uso social da fotografía e o seu proceso como formato, aproveitando os notables exemplares conservados nas coleccións dos doantes e,xenerosamente cedidos para o disfrute cultural da cidadanía.
O discurso estructúrase en tres epígrafes.
No primeiro, preséntanse os aspectos tecnolóxicos, técnicos e iconográficos deste revolucionario método para Museo etnolóxico de Ribadaviaa obtención de imaxes. No segundo, alúdese ás temáticas que integran o álbun familiar, auténtico pilar para reconstruir a memoria de seu. No terceiro, faise unha representación dun cuarto de estar, no que se recrea o complemento dun álbun: as fotografías enmarcadas para seren contempladas na privacidade. Coa difusión destas imaxes o Museo Etnolóxico inicia a posta en valor duns bens incorporados ao patrimonio cultural de Galicia grazas a tódolos doantes, membros ou non da Asociación de Amigos, pero todos eles sensibles a reconstrucción da memoria histórica de Ribadavia.

 

 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín