|
|
XXXVII
Campeonato de España de Inverno. Castrelo de Miño
|
O
Clube Náutico Castrelo de Miño ultima os preparativos
para acoller o Campeonto de España de Inverno que contará
coa participación de 102 clubes e 900
palistas dende a categoría cadete ata veteranos nas modalidades
de K-1 e C-1.
A
presentación oficial do evento terá lugar mañá
xoves 16 de marzo ás 13:15 hoas na Deputación de
Ourense coa presenza do campeón Olímpico "David
Cal".
A
xornada matinal do sábado 18 comenzará coas probas
clasificatorias de 2000 m. en linea con saídas en tandas
de 5 piragüistas para continuar coas finais sobre 5000 m.
na xornada de serán e o domingo pola mañá
ata as 13:30 h. momento no que se celebrará a entrega de
trofeos coa presenza das autoridades locais o do deporte galego.
Cabe destacar a participación da élite do piragüismo
nacional.
Así en K-1 DAMA SENIOR loitarán polas medallas Teresa
Portela, Jana Smidakova, María Pérez e Ana Varela
sin descartar a outras como Beatriz Manchón. En C-1 SENIOR
a loita estará entre o campeón olímpico David
Cal, Alfredo Bea e David Mascato que contarán co empuxe
de Xóvenes como o ourensán Pablo Blanco ou os irmáns
David e Daniel Costa.
En K-1 SENIOR destacan Diego Cosgaya, Manuel Busto, Francisco
Llera ou Pablo
Baños.
Estos eventos están financiados pola Deputación
de Ourense, a
Federación Galega de Piragüismo e o Clube Náutico
Castrelo de Miño. |
|