|
|
Exposición
de Pintura. Cora “Huellas de Sefarad”. |
Na igrexa da Madalena Dende o día 24 de Marzo ata o 21
de Maio, en horario de xoves a venres : de 17 a 20 h. e sábados-
domingos e festivos dende as 11 a 14 h. e de 17 a 20 h.
Maria
Dolores Claudia Cora Arrollo, nace na cidade de Viveiro
(Lugo). Pintora dende a a súa infancia, autodidacta, abandona
a súa profesión de avogada pola pintura. Entre os
anos 1987 e 1981 realiza exposicións en Asturias e en Galicia.
Viaxa a Madrid, Londres, Roma, Florencia, Venecia, Lisboa, Viena,
Praga, Budapest, e recorre Marruecos, Tunez, Grecia, Turquía,
Sicilia e outros lugares. Ademáis de ser unha infatigable
viaxeira, de coñecer perfectamente España, antes
de instalarse en Ibiza viviu en Castela-Leon, Cantabria, Asturias
e Galicia.
Estudia as principiais pinacotecas e visita os museos arqueológicos
e etnolóxicos máis importantes tanto no ámbito
nacional como no internacional.
Nesta exposición de Ribadavia, Cora deléitanos con
esas “Huellas de Sefarad” que son
inequívocamente hebreas, que forman parte do noso patrimonio
histórico; conducíndonos por esa atmósfera
e ingravidez medieval (Toledo, Segovia, Cáceres), rescatando
a dimensión do tempo (Hervás) e do espacio (Córdoba,
Oviedo), para fundir o presente, pasado e futuro a través
das xuderías. Éstas ocupaban o centro das cidades,
con una rúa principal (Tortosa) e outras transversais,
estreitas, laberínticas (Girona), con adarves, esos canexóns
sen saída; vivendas con saledizos (Tudela) e pórticos
(Ribadavia), portas (Zamora, Sigüenza), arcos (Montblanc,
Sagunto), cos edificios representativos da “Aljama”
sinagoga (Calatayud), carnicerías, baños (Besalú)
escola Talmúdica… e a cor azul (sol do Rei Católico)
que está presente en toda a xeografía española
|
|