|
|
Concurso
de Cartel Feira do Viño do Ribeiro |
A
Feira do Viño do Ribeiro XLIII, será este ano do
día 28 de abril ao 1 de maio. Despois de varios anos sendo
diseñado o cartel polos millores pintores ourensáns,
este ano, unha
das novidades que presenta será o concurso de diseño
para o cartel no que poderán participar diseñadores
e artistas de calqueira nacionalidade, presentando un máximo
de dúas obras baixo un lema e con un seudónimo.
Constará dun primeiro premio, de 1.000 euros e dous accésits
de 200, cada un. Con este concurso o Concello de Ribadavia, pretende
xunto con outro organizador o Consello Regulador da Denominación
de Orixe, dar participación a todos e que sexa algo máis
diverso e enriquecedor, según palabras do presidente do
citado organismo.
A data límite de recepción dos traballos será
o 1 de marzo, e a presentación do cartel gañador
será o día 15 do mesmo mes. Os carteis concursantes
serán expostos o 14 de abril e 1 de maio no Centro Comarcal
e para que exista unha importante participación as bases
distribuiranse por nove
facutlades de España, unha de galicia e once de Portugal.
BASES
DO CONCURSO (pdf)
O ganador de este certamen (1.000 euros) foi o Zamorano Gonzalo
Piorno Ferrer (licenciado en Bellas Artes), dos 51 carteis participantes
43 foron recibidos por correo electrónico e o resto na
sede do consello. Os dous accesits de 200 euros foron para o Ourensán
Ignacio Basallo e o Salmantino Salvador González Julián.
A procedencia dos mesmos foi, 18 de Ourense, catro de Lugo, oito
de A Coruña, outros oito de Pontevedra, un de Cataluña,
dous de Aragón, tres de Castela-Leon, Madrid e Euskadi.
Fora de España, houbo 1 de Brasil, outro de Argentina e
dous de Noruega. |
|