Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia


 
5 de Decembro "Día do Voluntario"
A voluntariedade da xente é clave para poder realizar esta representación. Falar de voluntarios na Festa da Istoria é recoñece-la importancia fundamental dos mesmos, pola súa colaboración e número, en tódalas actividades do ano. Máis de 500 voluntarios (do ribeiro e de fóra) colaboran en todo momento coa festa, aínda que algúns non o fan só nunha actividade, sesnón que poden aparecer en varias actividades.
Tódolos membros da organización tamén son voluntarios. A importancia que a Fundación concede ós voluntarios maniféstase na celebración do "Día do Voluntario" o 5 de decembro (coincide co Día Internacional do Voluntario), faise unha cea xuntanza recibiemdo un agasallo simbólico da Festa da Istoria. Aqueles voluntarios que destacan pola súa continuidade e apoio constantes, noméanse como "Notables da Istoria", e publicamente o día da Istoria entregaráselle un pergamino e unha medalla de prata da organización, pasando a formar parte da Comisión de Notables da Istoria, que se reúne dúas ou tres veces, ó longo do ano, coa organización da Istoria para aconsellar melloras, cambiar criterios e propor novas ideas para o bo funcionamento desta famosa Festa.


 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín