Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia


 
Fernando Villapol Paradar
fernando villapol paradar
Dende o día 10 ata o día 29 de decembro na igrexa da Madalena, poderemos observar a exposición de Esculturas de Fernando Villapol.
Fernando Villapol Parapar, nace en San Tirso de Abres (Asturias) o 26 de febreiro de 1952, pero ós 22 anos establecese definitivamente, na freguesía de Bretoña, concello Lugués de A Pastoriza.
Convive dende hai moitos anos coa pedra, coa madeira, co mármore, co bronce, co ferro … dos que coñece os seus segredos, por moi íntimos que sexán. Foi descubrindo de vagar e con teimosía o misterio de darlle vida á materia inerte, habilidade que só acadan os artistas ó longo de moitos anos de traballo e esforzo. As súas obras participan por enteiro do talento vital do seu creador; son fillas de non doado encadramento nas correntes
exposicion de fernando villapol en ribadavia
da estética actual, con raras e exóticas influencias de pobos antigos e de ancestrais culturas desaparecidas xa hai moitos séculos. É un escultor autodidacto e completa a súa formación técnica na Escola de Artes Aplicadas de Lugo.
Con afán que o caracteriza pola investigación realizou distintas viaxes por España, Europa, América e África. Colabora en distintos programas de televisión e prensa.
Realizou varias exposicións individuais e colectivas en A Fonsagrada, Sarria, Guitiriz, Asturias, Ribadeo, Lugo, A Coruña, Ourense, Pontevedra e o ano pasado estivo varios meses na Guarda, onde expuxo varias obras concibidas e labradas na beiramar, con sabor a mar salada. Conseguiu o premio de escultura no segundo certame de Artes Plásticas da cidade de Lugo no ano 1944.
A exposición que hoxe nos ocupa, ofrece esculturas relacionadas co ribeiro, adegas, e cubas de viño novo. Aínda que non son moitas figurarán na traxectoria artística de este singular escultor.







 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín