Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia


 
Exposición de Fotografías de José Ortiz Echagüe
Dende o día 14 de febreiro e ata o 26 de marzo, poderemos disfrutar de esta exposición no Museo Etnolóxico, co título "Mulleres, tipos e estereotipos".
José Ortiz Echagüe (Guadalaxara 1986-Madrid 1980), foi fotógrafo afeccionado e apaixonado, considerado un destacado representante do pictorialismos fotográfico español. En tanto que nas súas fotografías tenta deixar plasmada a España sen cambios, a España tradicional, na súa actividade profesional participou nos avances tecnolóxicoa do momento: foi fundador da empresa Construcciones Aeronáuticas (CASA) e directivo da empresa automobilística Seat, onde foi nomeado presidente en 1950.
É de destacar a súa técnica ao carbón directo sobre papel Fresson coa que conseguía suavizar os contornos e resaltar os detalles, dando mostras dunha grande meticulosidade.
As fotografías que contremplamos teñen moito de artesanal, o cal se aprecia nunha primeira ollada. A intencionalidade artística queda reflectida en tódolos factores que conforman a imaxe: na selección do escenario, na composición ou na creación do cadro. A posta en escena, non exenta de dramatismo e a maior parte das veces sen referencias espazo-temporais, trasluce un espírito mitificador dunha realidade que non é tal senón que é bastante máis dura; esta realidade non asoma por ningures, máis a súa propia ausencia é un documento de destacado valor histórico.
As fotografías pretencentes á serie España: tipos y trajes , das que aquí expomos tan só unha pequena parte, eran en orixe 217 copias en papel. a mostra que ofrece esta sala itinerante está composta por 47 reproduccións dos orixinais.
Este fotógrafo en 1936 colaborou nun número especial que National Geographic dedicou a España, e dous anos despois unha selección das súas obras foi exposta no pavillón español da Exposición Internacional de París. Con anterioridade, a súa producción recibira xa varios premios Internacionais con exposicións en Turín (1928) e Berlín (1929).

 

 


 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín