Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia


 
Ser, Estar e Producir Fotografías de Mila Rodero
Preséntase unha nova colección fotográfica dende o día 11 de maio ata o 25 de xuño (prorrogado ata o 15 de xullo), da autoría de Mila Rodeiro, producida polo Museo Etnolóxico, que retrata xentes de oficio ourensáns, coa que pretende reflexionar sobra a evolución dos oficios cara a súa adaptación ao mercado capitalista. Con Ser, Estar e Producir quérese facer referencia a unha serie de oficios que mostraban unha forma de vida, de producción e de posionamento na estructura social e que agora mudaron na súa elaboración, no seu significado e na súa adaptación ao mercado.
Un modo de ser a través duns coñecementos que formaron parte, seguramente do proceso de socialización, de estar a través da propia posición social e de producción especializada para un mercado local e cada vez máis global. O cámbio de tódolos ámbitos -do rural ao urbano, no modo e relacións de producción, nas relacións de parentesco e herdanza, entre outras- está a desenvolver a subsistencia duns e a desaparición doutros. Por este motivo vémonos na necesidade de diferenciar entre aqueles que chamaremos "Os guardiáns da memoria" e aqueloutros que encadraremos baixo o título de "Recreando a memoria. Novas experiencias".
Os Guardiáns da memoria lémbrannos que os oficios serviron durante un tempo de actividade complementaria ao traballo agrario, na que participaban varios membros do grupo doméstico, en ocasións desenvolvidos de maneira ambulante, sen faltar aqueles exercicios de maneira continuada.      
Pola outra parte, recreando a memoria introdúcenos en actividades que se adaptaron ao novo mercado a partir de experiencias patrimoniais, e conformaron así novos oficios, productos e clientes, somerxéndose no mercado actual a través de novas formas de distribución.
Na exposición poderemos ver fotos de O toneleiro de San Cristobo,
  Manolo o carpinteiro, Herminia e os seus pasteis... etc. 

Mila Rodero, nace en Teruelen 1950, e trasládase a Madrid aos 6 anos. É licenciada en Historia da Arte pola Complutense en 1973 e diplomada en Cinematografía pola Universidade de Valladolid. Complementa a súa formación con cursos de fotografía na Universidade de California en San Diego. En 1989 obtén o 2º premio de fotografía da citada Universidade Americana. Dende 1995 é profesora de fotografía artística na Escola de Arte nº 10 de Madrid e dirixe distintos cursos para a Consellería de Educación de Madrid. No ano 2002 publica o libro Cesar Montaña, patrocinado polo Principado de Asturias.

 

 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín