Coa
intención de incentiva-la creatividade no ámbito
do teatro por ser unha das formas artísticas de maior incidencia
social e, en lembranza dos "Premios Concurso - Abrente",
o Concello de Ribadavia convoca o Primeiro Premio Abrente para
Textos Teatrais 2006, de acordo coas seguintes:
BASES
(pdf)
Primeira
- REQUISITOS
Poderán optar ó premio tódolos autores
de calquera nacionalidade que presenten obras inéditas
e non premiadas con anterioridade, escritas en lingua galega
normativa.
Segunda
- PREMIOS
Establécese un premio único e indivisible, dotado
con 3.000 euros.
O Concello publicará a obra premiada, reservándose
durante un prazo de doce meses os dereitos de editala e de representala
e, entregará ó gañador vintecinco exemplares.
O Concello poderá contratar unha compañía
teatral galega para realiza-lo montaxe e representación
da obra premiada, sen que isto supoña unha compensación
complementaria para o autor.
Terceira
- PRESENTACIÓN DE ORIXINAIS
As obras serán de tema e extensión libres e, presentáranse
por quintuplicado,
en exemplares separados, mecanografiados a dobre espazo, en
tamaño DIN A4, por unha soa cara, numerados, grampados
ou encadernados.
Os orixinais presentaranse baixo un título e un lema,
acompañados de plica na que conste o título e
o lema no seu exterior e contendo no interior o nome e apelidos
do autor, a súa dirección, nacionalidade e número
de teléfono.
Cuarta
- PRAZO E LUGAR DE ADMISIÓN
O prazo de admisión de orixinais remata o día
30 de xuño e deberán enviarse á seguente
dirección: Concello de Ribadavia, Praza Maior s/n 32400
- RIBADAVIA (Ourense) indicando no sobre "I Premio Abrente
para Textos Teatrais 2006"
Quinto
- XURADO
O xurado presidirao o Alcalde do Concello e formarán
parte del: Sra. Concelleira, presidenta da Comisión de
Cultura e Educación; o Director da Mostra Internacional
de Teatro e tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito
teatral. O nomeamento do xurado farao o Sr. Alcalde, e actuará
como secretario a persoa elexida por maioría, entre os
membros integrantes do xurado.
A composición do xurado farase pública con anterioridade
á súa reunión, co fin de que poidan interpor,
se é o caso, os recursos legais pertinentes.
Sexta
- COMUNICACIÓN DO DICTAMEN
Os participantes terán a obriga de comunicar ó
Concello a concesión de calquera premio que obteña
a obra presentada, no momento en que esta situación prodúzase,
dará lugar á súa exclusión do concurso.
O xurado actuará en pleno, en sesión de ser posible
única, sendo necesaria a asistencia dos dous terzos dos
seus membros.
As deliberacións serán segredas e delas redactarase
o acta correspondente. A obra gañadora será escollida
entre dúas obras finalistas, sendo a gañadora
a que obteña un mínimo de catro votos. O veredicto
do xurado será inapelable.
Sendo unha das posibilidades deste concurso a posta en escena
da obra premiada, estimaranse positivamente os factores que
incidan na súa viabilidade escénica; número
de personaxes, condicións técnicas,...
O xurado poderá declarar deserto o premio e a súa
proposta será obxecto de resolución da Presidencia
deste Concello que, é o órgano competente para
resolve-lo premio.
A decisión do xurado terá lugar o día 24
de xulio, e darase a coñecer nos distintos medios de
comunicación.
A plica correspondente á obra que resulte finalista poderá
ser aberta polo secretario do xurado co fin de que, se o seu
autor permíteo, poida darse a coñece-lo nome do
finalista.
Séptima
- RETIRADA DE ORIXINAIS NON PREMIADOS
Os orixinais non premiados poderán ser retirados das
oficinas do Concello no prazo de 30 días naturais a partir
do seguinte ó da decisión do xurado. Aqueles orixinais
que non sexan retirados no prazo indicado pasarán a formar
parte dos fondos do Concello. Unha vez utilizados os sobres
dos datos persoais para a finalidade descrita serán destruídos
sen máis.
Octava
- ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación nesta convocatoria supón a total
aceptación destas bases.