Durante os días, 8 e 9 de Abril
2006 en Castrelo do Miño (Órense), organizado
pola Federación Española de Remo, Federación
Galega de Remo e Clube Náutico de Castrelo do Miño
celebrarase a Regata Open e a XIX Edición da Copa do
Rei.
Os
horarios definitivos de saída, fixaranse en función
á participación existente, non obstante, a título
orientativo, establécese o seguinte orde Inamovible e
horario:
Sábado día 8: Eliminatorias 9:00h, Finais 16:00h.
Domingo día 9: Eliminatorias 9:00h, Finais 11:30 h.
As saídas, realizaranse en intervalos
de 7 minutos, efectuándose a competición polo
sistema de Eliminatorias e Finais (sen Repescas nin Semifinais).
A entrega de Trofeos efectuarase o domingo día 9, a partires
das 13:00 horas nas instalacións do Clube.
Os trofeos serán, ouro para o primeiro, prata para o
segundo e bronce para o terceiro.