Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia


 
Mostra de Repostería Tradicional Doces Hebreos (3/09/2006)
De sempre Ribadavia foi unha vila con gran tradición reposteira, baste lembrar as rosquillas que tiveron sona en toda Galicia durante gran parte do século XIX, cando ademáis dos viños, exportaba os doces e a música da Lira por tódolos rincóns da xeografía galega. Eran moi famosas as rosquillas de ovos, pero tamén os amendoados, os melindres e as cañitas que facían as delicias dos máis cativos e dos maiores, era un día grande nas casa galegas, e a repostería de Ribadavia contribuía a eses intres de feliciadade.
Con esta Mostra o Concello de Ribadavia e os reposteiros participantes pretenden facer revivir os doces que tanta ledicia procuraban ás familias os días de festa. Nesta festa podemos degustar os doces tradicionais, pero tamén a repostería artesanal de orixe xudío, unha singular maneira de endulzala vida para as xentes que nos visiten.
Repostería que se expón:
rosquillas, melindres, amendoados, cañitas, tarta de amendoa, boliñas de coco, tarta de noces, bica manteigada, doces hebreos, pan doce...etc.
Proba de Doces gratuita:
As 13:00 e as 19:00 h na praza da Madalena.
A Oficina de Turismo ofrecerá a tódolos visitantes que fagan a visita guiada gratuita ó barrio xudío de Ribadavia e ó Centro de Infomación Xudía , a proba de doce hebreo oficial dos Camiños de Sefarad.

Ademáis o mesmo día organizado tamén polo Concello de Ribadavia:
INICIACIÓN Á CATA DE VINOS KOSHER

Lugar Museo Sefardí de Galicia (Oficina de Turismo)
Duración. 1 hora.
Horarios: 11,13 y 18 h.
Grupo Máximo: 10 persoas por quenda.

 

 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín