Ribadavia
celebrará do 7 ó 9 de agosto a II Edición
do Festival Arteficial con espectáculos alternativos coa
celebración de ‘Arteficial’, un proxecto integrado
na iniciativa xuvenil do Programa de Xuventude en Acción,
que conta coa financiación da U nion
Europea.
Iste festival, organizado pola asociación Arteficial de
Ribadavia, acollerá as actuacións dun total de 15
solistas e grupos de diferentes estilos e tendencias, ademais
de promover obradoiros de artesanía e reciclaxe, exposicións
artísticas, proxeccións audiovisuais, unha ‘Festa
da Cervexa’, unha cata de viño e, tamén, un
festival infantil baixo a denominación ‘Artefesta’.
O evento arrincará o xoves 7 de agosto cos grupos Pal’Kali
e Los Guapos, de funk e rock, e Majahni, de reggae.
A xornada do venres día 8 estará centrada no estilo
metal, coas actuacións de End, Dismal, Vita Imana y Psyquence,
ademais dos concertos de Gustavo Almeida (pop-funk), Sos Trío
(jazz) e o cantautor Yomelo Montosolo, promovidos polos hosteleiros
da Praza Maior da vila. Na clausura, o sábado día
9, será o turno da charanga local Pequena Gran Filarmónica
da Toscana; e o ritmo de fusión da Banda Desarmada do Carballiño
e Rumbotupá, ademais dun novo recital de Gustavo Almeida.
O festival Arteficial -’de expresión músico-cultural’,
tal e como o denominan os seus organizadores, conta coa colaboración
do Concello de Ribadavia, Establecementos Asociados do Ribeiro,
Xunta de Galicia, Caixa Galicia e o Consello Regulador do Ribeiro.
Javier Krahe participou xa na Presentación Oficial do Festival
Arteficial 2008, o pasado 2 de Maio, ofrecendo una actuación
no auditorio do castelo de Ribadavia.
Programa da II Edición do Festival Arteficial
de Ribadavia:
Día 7 de agosto:
GRUPO: Pal'Keli - Sevilla
GRUPO: Los guapos - Madrid
GRUPO: Mooncresta - Vigo |
 |
 |
 |
Día
8 de agosto:
GRUPO: END. - Francia
GRUPO: Dismal - Pontevedra
GRUPO: Vita Imana - Madrid
GRUPO: Psyquence - Ourense |
 |
 |
 |
 |
Día
9 de agosto:
Sos trio (Jazz) - www.sostrio.com
Rumbotupa (Grupo de percusión)
- www.myspace.com/rumbotupa
Cantautor "Yomelomontosolo"
Pequena Gran Filarmónica da Toscana
Banda desarmada
Gustavo Almeida
|
 |
 |
|
 |
 |
 |
Máis información na web oficial en Festival
Arteficial.
|