|
|
Casa
do Concello e Torre do Reloxio |
A
fachada de esta casa, neoclásica data do s. XIX, como decía
Murguía, “sin ser notable sobre todo polo seu pórtico,
que é Renacemento, así como bonito e curioso companario
do reloxio, de ferro labrado, bastante rico e digno de conservarse.
Sobre o arco da porta campean as armas dos sarmiento e as de Ribadavia”.
Según Vicente Risco “Ten a un lado unha escaleira,
moi curiosa, ten tres corpos superpostos, abaixo, porta de arco,
no segundo, dous escudos, un en branco e outro co sol e a lua
sobre un castelo, e no fondo ondas, no terceiro, una fiestra e
un reloxio de sol na esquina e remata en frontón triangular
con xarrón e ánforas no vértice e nas acróteras,
respectivamente”. Foi construída na década
1545-1555. A historia lembra que os oficiais para a construcción
do edificio foron: o mestre canteiro Pedro Gómez e os carpinteiros
Xoán Leal e Esteban González,dándose comenzo
ás obras a mediados do ano |
|
|
|
|
|
1545 posto que en outubro de ese ano o Procurador Xeral da Vila,
o prateiro Glau de Mosquera, entregou ó citado canteiro
“para el pago de la Casa de Regimiento, que dicho Pedro
Gómez hace, VEINTE DUCADOS” Esta Casa tamén
fixo funcions de Alhondiga.
Con relación ó reloxio
debeu ser cambiado por outro no ano 1781, toda vez que na sesión
municipal do 19 de abril de dito ano dase por rematada a fundición
do reloxio público, e disponse que a campá do mesmo
leve a inscripción: “Verbum caro Factum est. Xptus.
Vincit. Xptus. Regnat.
Xptus. Ymperat. Xptus. Ab omni malo nos diferendat" dunha
nova máquina para o reloxio foi adquirida por acordo
do Concello do 1883. |
|
Posteriormente
foi vendida no ano 1902 a un particular por DEZASETE
PESETAS pasando a ser sustituida pola maquinaria actual. Así
mesmo, ó reloxio hai que darlle corda todolos días. Esta
corda débese dar con unha
manivela en duas zoas, unha para as horas e outra para as medias.
|
A
das medias consta de doce voltas e a das horas son aproximadamente
142 voltas,todo con manivela, que levanta uns pesos, dende máis
abaixo do nivel da praza maior.
O encargado de facer este traballo e mantemento do mesmo (Javier
Fdez Casas- pai do que suscribe), leva máis de 36 anos
o cargo, sin faltar un só día, xa que a corda de
este reloxio aguanta entre 28 e 30 horas aproximadamente.
|
|