|
|
Convento
e Igrexa de Santo Domingo |
O
convento de Santo Domingo de Ribadavia, está reputado como
un dos máis antigos da Orden de Galicia, e a súa
fermosa e ampla igrexa, de estilo, gótico, como unha das
mellores que a mesma Orden tiña na rexión, sendo
moita a semellanza polos seus ábsides coa tan celebre de
Pontevedra ou con outra existente na vila portuguesa de Caamiña.
É ademáis o templo de Ribadavia, que merece entusiastas
loubanzas por parte de todolos visitantes desta poboación.
A igrexa, é de estilo oxival, con detalles de románico
e ten toda a gallardía e emplitude interior propias de
aquela clase.
Consta de tres grandes naves, terminadas por tres fermosas capelas,
que constituen os seus ábsides, nos seus muros ábrense
rasgados ventanais góticos, e ostenta ó interior
altas e esbeltas columnas, con fermosos capiteis,
ricamente exornados con figuras
|
|
|
|
|
É
notable no evanxelio o frontal do altar, que é de pedra
perfectamente tallada, formando un fermoso dibuxo, que chama a
atención del calquer observador . Estos ábsides,
teñen bóvedas de abanico, non así as naves
da igrexa, que se atopan cubertas por un teito
de madeira. A porta pincipal
que ata 1903, permaneceu |
pechada, é de estilo gotico e abocinada. Sobre a porta
atópanse tres escudos ou pedras de armas, ó centro
o Real de Castela e León, a un lado o do Conde de Ribadavia
cos seus trece roeis e o outro carón o do Obispo Fray Alfonso
de Cusanca, Prior que fora do convento.
Remata a fachada unha fermosa cruz calada sobre un cordeiro que
lle serve de base, e por debaixo do rosetón corre en todo
o longo de aquéla una imposta ou faixa. Esta igrexa abre
os domingos e cando hai enterros ou cabodanos. |
|