Esta
pequena xoia do arte prerromano galego sitúase na veiga
vitícola de Valparaiso onde a fins do século IX-X
existía un cenobio de monxas benedictinas que pronto pasaron
a depender do mosteiro de Celanova.
Trátase dun interesante edificio prerrománico, considerado
monumento histórico- artístico dende o ano 1951.
A pesares de que a igrexa sufriu numerosas transformacións
sobre todo no século XVIII, hoxe aìnda podemos ver
distintos elementos reaproveitados da primitiva edificación
monástica, coma un arco de ferradura e unha fermosa celosía
rematada nun arco de medio punto na fiestra.
A ambos lados do arco de entrada sendos relevos representan “a
entrada de Xesús en Xerusalém” e a ”fuxida
de Exipto”. |
|
|