|
|
Denominado
tamén Casa da Fundación, este museo tivo distintos
usos, ate foi colexio no que impartían clases os irmáns
Maristas (ate o ano 1936). Posúe unha importante biblioteca
formada por fondos propios e varios legados, entre eles, os dun
coñecido personaxe moi querido en Ribadavia, “Jesús
Sánchez Orriols” chamado agarimosamente Chucho; este
legado conta cun interesante fondo sonoro de música clásica,
Pop, jazz, música latinoamericana e Folk, ademais dun amplo
fondo bibliográfico no que destaca a colección de
novela negra e obras de diferente contido, filosofía, socioloxía,
política, antropoloxía... para ver máis información
ver o blog:
http://bibliotecamuseoetnoloxico.blogspot.com/
Outras doazóns son por parte da agrupación cultural
Abrente (fondo bibliográfico, documental, museográfico,
serigrafías e pinturas, 1 escultura e 12 pezas de cerámica).
Familia Meruéndano cun interesante fondo para o estudo
da Historia de Ribadavia e o ribeiro.
|
|
|
|
|
catálogo on line na seguinte dirección de internet:
http://www.rbgalicia.org/index2.php?ap=33&subApartado=63
Actualmente o museo conta cunha exposición “semipermanente”:
Seguindo o fío. A tradición téxtil en Galicia,
na que se fai un percorrido pola tradición téxtil
en Galicia, dende o s.
XVIII ate os nosos días.
Dentro do discurso pódense distinguir cuatro ámbitos:
A importancia do cultivo do liño en Galicia, o “non
traballo” feminino, a volta a tradición téxtil
e a Identidade/folklorización no téxtil.
En colaboración coa Asociación de Amigos do Museo
celébrase dende fai cinco anos sucesivas edicións
de Albums para o reencotro. |
Ribadavia e os ribadavienses, exposición que recolle unha
escolma de fotografías antigas
cedidas polos propios veciños da vila e coas que cada ano
se estudian distintos aspectos da vida da comarca.
Anualmente tamén, o Centro colabora coa Casa da Xuventude
de Ourense no Outono Fotográfico, con fotografías
de autor. Así mesmo mantén colaboracións anuais
coa Fundación Festa da Istoria na exposición dos premios
do concurso fotográfico que dita Fundación convoca
tódolos anos.
A Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto
Histórico de Ribadavia ten tamén unha intensa actividade
con publicacións semestrais: A Fundación, Fichas didácticas,
Concertos e Exposición. |
Luns
e festivos, pechado.
Situación: Rúa de Santiago, 10 teléfono 988
471843
Información recopilada por: María
Iglesias Armada. |
|
|