Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia

 

 
Club Náutico de Castrelo do Miño


 
Situado en Castrelo do Miño, esta escola de vela está a 20 minutos de Ourense e a 5 de Ribadavia, na Avda. de Alejandro Ferrer, s/n. Este Club Náutico, está enclavado en augas tranquilas e os seus ventos son suaves o longo do día, o que axuda á práctica dos distintos deportes náuticos. A partires de 7 anos e con coñecementos de natación, poderás apuntarte ós distintos cursiños de iniciación e perfeccionamento de vela lixeira, windsufr e kayak, organizados conxuntamente por este Club Náutico e a Federación Galega de Vela.
piscinas anexas ó club nautico de castrelo de miño
Nos cursiños de iniciación á Vela e Windsurf, utilizánse barcos e táboas de escola, mentras que nos cursos de perfeccionamento, navégase en barcos individuais (optimist e táboas de winsurf) ou dobres (cadetes e vauriens).
pantalan de castrelo de miño equipo olimpico de remo Con relación ás actividades de piragüismo turístico utilizánse Kayaks insumerxibles. Todalas actividades náuticas serán supervisadas por monitores/as titulados/as da Federación Galega de Vela a bordo de embarcacións neumáticas. O prezo do cursiño de iniciación e perfeccionamento ós deportes náuticos de 1 semán é de 50€ para os socios e de 55€ para os non socios, aparte da correspondente licencia

federativa que vale 12,02 € (válida para posteriores cursiños). Os cursiños serán de luns a venres con unha duración total de 20 horas, de 16:30 a 20:30 h. Máis información na web oficial do Club Náutico de Castrelo do Miño.



 

 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín