Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situacion de ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia
   
Concello de Beade
Concello de Carballeda de Avia
Concello de Castrelo de Miño
Concello de Cenlle Concello de Cortegada Concello de Leiro Outros Concello de denominación de orixe Ribeiro
Concello de A Arnoia
peto de animas Emprazándose a ambas marxes do río Arnoia, a capitalidade é ostentada por Outeiro Cruz. É de destaca-la igrexa parroquial de San Salvador, fundada no ano 1612, o seu retablo, de construcción popular, é obra dun carpinteriro da localidade. Sobresae nesta igrexa unha bella fiestra de estilo románico, procedente segundo asemella da capela que existía con anterioridade no mesmo lugar.
Nas proximidades atópase cásaa rectoral, antigo Priorato que dependía do Mosteiro de Celanova. Este municipio conta con diversas capelas, San Roque ou San Vicente, século XVIII, A nosa Señora da Asunción en Lapela, San Antonio en Remuiño, San Amaro no pobo do mesmo nome, con bóveda de pedra no presbiterio de estilo románico e por último San Miguel.
complexo termal da arnoia
Existen ademais, edificios notables como A Casa do Inquisidor en Remuiño, que ostenta un escudo coas armas da Inquisición, Casa dos Valdes en Outeiro Cruz, con escudo heráldico dos Armada, Araujo e Feijoo. Mención aparte merece a famosa torre do reloxo asentada en San Roque, obra do século XX.
Unha das maiores ofertas turísticas que presenta este municipio, é a oferta termal, coa construcción fai poucos anos dun complexo balneario-hotel de tres estrelas e un gran restaurante con cociña típica.
O Balneario está dotado de modernisimas instalacións que permiten ademais dos tratamentos terapéuticos unha cura anti-estrés. Todo isto rodeado dun bello paisaxe de bosques e auga, contando cun embarcadeiro para embarcacións de recreo e dun catamarán para poder deleitar dos famosos meandros da zona.
balneario con hotel en A Arnoia
igrexa de outeiro Cruz
Con referencia ás festas temos que facer mención á famosa "Festa do Pemento", cuia fama foi medrando dende a súa primeira edición no ano 80, gracias á gran colaboración cidadá coa que conta.  Nela degústanse os pementos do municipio, preparados de distintas formas, dende fritos, ata en tortilla, realizados polos veciños para transformalos nun agradable manxar.
Programa da XXVI FESTA DO PEMENTO (do 3 ao 5 de Agosto 2007)










 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín