|
|
|
Municipio
cuia capital é Xuvín, conta con dez parroquias Barbantes,
Cenlle, Esposende, Laias, Osmo, Pena, Razamonde, Sadurnín,
Trasaríz e Vilar de Rei. Situado entre os ríos Miño
e Avia.
Dentro do seu patrimonio artístico podemos destaca-lo peto
de Ánimas e cruceiro con "pousadoiro" Para poder
visualiza-lo Ribeiro e Carballiño, debemos subir ó
Monte Barazal no que podemos ver unha capela. Do século XVIII
románico, é a igrexa de Pena sita en Osmo.
Un importante santuario no municipio de San Benito de Cuñas.
Pazos de estilo barroco, Casa de Riobó ou Casa Grande como
se lle coñece na zona, pazo de Toubes en Osmo e pazo en Lentille,
no municipio de Esposende |
|
así
como unha capela denominada Sana Mariña.
En Razamonde igrexa de estilo románico que conserva un retablo
do século XVI e una porta do XIII.
A súa oferta turística conta cun balneario de recente
inauguración, no municipio de Laias, enclavado na abeira
do río Miño, dende o que se pode observar unha gran
parte da comarca do Ribeiro, así como dous meandros de indiscutible
beleza. |
|
|
|