Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situacion de ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia
   
Concello de A Arnoia
Concello de Carballeda de Avia
Concello de Castrelo de Miño
Concello de Cenlle Concello de Cortegada Concello de Leiro Outros Concello de denominación de orixe Ribeiro
Concello de Beade
via crucis beade É o municipio máis pequeno da provincia ourensán cunha superficie de 6,43 km2. Conta con dúas parroquias, Beade e Regadas. Beade presente unha topografía menos accidentada que Regadas, aplanándose a medida que nos internámo-lo val drenado polo Rio Avia, que borda o municipio polo este.
Este río, xunto co regato de Signadas que flúe ó interior e marca o limite con Carballeda de Avia, regan o termo municipal. O clima posúe as mesmas características relativas ó calor e sequedade que o resto do val.
O edificio relixioso máis importante de Beade é a súa igrexa parroquial, que contén restos arquitectónicos que van dende o románico ata a nosa época.
O renacemento e o barroco son os que ostentan maior presencia e conservación, destacamos na igrexa a súa alta torre con dobre
frontal iglesia de Beade
balconada e a súa fachada retablo.
Xa dentro podemos observar varios retablos de Francisco de Moure, sin embargo os máis sobresainte do conxunto é a súa Vía Crucis que comeza no atrio da igrexa rematando na inmediata capela de San Roque. A rectoral é de estilo gótico plateresco.
Ademáis, son numerosos os pazos que aínda se conservan no municipio de Beade, destacando o de

lateral iglesai de beade iglesia de regadas
Lamigueiro, que ten unha gran pedra de armas, o de Pateira, rodeado de muralla cun gran portalón e torre, e o da familia Ojea, situado no lugar de Oliveira caracterizándose por ter unha importante chimenea.






 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín