|
|
Concello Carballeda de Avia |
|
Situada
na marxe dereita do río Avia, sendo Pena Corneira o seu punto
de maior altitude, coas súas famosas pedras ou Bolos de gran
tamaño (interesante divisa-la comarca dende este punto para
tomar unha referencia da súa extensión).
O concello ten unha amplitude de 46 km2, agrupado en 8 parroquias,
San Miguel de Carballeda, San Andrés de Abelenda dás
Penas, San Martiño de Balde, San Pedro de Beiro, San Cosme
de Faramontaos, San Julián de Muimenta, San Estevo de Novoa
e Santa María de Vilar de Condes.
A temperatura media anual é de 14 graos e a súa pluviometría
entre 800 e 1000 litros por m2.
Con relación á súa arquitectura podemos destaca-la
igrexa románica en Muimenta e os seus famosos Canastros,
a igrexa de |
|
Abelenda
dás Penas, que se chegou a relacionar coa orde dos Templarios,
de orixe románico, nas súas proximidades cruceiro
do século XVII e xacemento romano.
En San Pedro de Beiro, igrexa e casa do Priorato. En Carballeda
ermita da nosa Señora do Lodairo, de orixe románico
de transición ó gótico, con peto de ánimas
próximo,un dos mellores da comarca.
Por último facemos fincapé na igrexa máis notable
de Carballeda de Avia, edificada seguindo páutalas do barroco,
a igrexa de San Miguel.
Unha das festas con maior arraigo é a celebrada dende fai
moitos anos, en Veronza, na que se solta un globo de papel de gran
tamaño confeccionado por tódolos nativos do municipio.
|
|
|
|